A Rúa Rafael Tilve recupérase para as persoas
O Concello de Salceda de Caselas ten xa todo preparado para acometer unha nova humanización no seu casco urbano. Trátase, neste caso, da humanización do primeiro tramo da rúa Rafael Tilve Adrio ata o seu entronque coas rúas Compostela e Coruña.