Salceda de Caselas prepara o Entroido máis importante da Comarca
Durante a semana do 22 ao 26 de xaneiro serán as agrupacións pertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e na semana do 29 de xaneiro ao 02 de febreiro será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.