Bases selección “Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais”
PARA AQUELES DESEMPREGADOS/AS NOTIFICADOS POLA OFICINA DO INEM PARA PARTICIPAR NO PROCESO:
O obxecto das presentes bases é regula-la contratación temporal de trece traballadores/as de conformidade coas Bases Reguladoras da Concesión de Axudas e Subvencións para a execución do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais (BOP de Pontevedra Nº 1 publicado o 2 de xaneiro de 2015; e BOP de Pontevedra nº 3 de 7 de xaneiro de 2015 -anuncio de corrección de erros-).
Os trece traballadores a seleccionar serán cinco peóns de limpeza (grupo 10), tres peóns de albanel (grupo 10), un oficial de albanel (grupo 8), 3 peóns forestais (grupo 10), e un auxiliar administrativo (grupo 7), para a realización de traballos relacionados co perfil de cada posto.
Terán que cumprir os requisitos de ser persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI ou PREPARA), inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, debendo cumprirse os requisitos tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato. Asimesmo, será requisito que nos últimos 12 meses non mantivesen ningunha relación laboral co Concello de Salceda de Caselas.
A modalidade contractual que se empregará será a de obra ou servizo determinado a tempo parcial de 25 horas semanais e por un período de 6 meses, condicionando o contrato á subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra (acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra de data 6 de febreiro de 2015).
As retribucións que lle correspondan ao persoal contratado o serán en base ao III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Administración Xeral do Estado.
DATA LÍMITE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 21 DE MARZO.
Químico Farmaceútico para Porriño:
http://goo.gl/7d5fCF
Ciclo Medio Mecanizado para O Porriño:
http://goo.gl/tersOa
Ciclo medio mecanizado para O Porriño:
http://goo.gl/oGxG7G