A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia ven de firmar un acordo coa concellería de Benestar Social do concello de Salceda para a realización de obradoiros de estimulación cognitiva e funcional.
Estes talleres teñen unha duración inicial dun ano e impartiranse no Centro Social A Devesa a partir do mes de Abril.
Este programa chamado “Respiro Familiar” vai dirixido a persoas con deterioro cognitivo leve e funcional, non só para persoas que padezan a enfermidade de Alzheimer, tamén inclúe outros tipos de demencia. Realizaranse dúas tardes á semana, tres horas cada día.
Os obradoiros incluirán Terapias funcionais e motrices, terapias cognitivas e terapias socializadoras.
Para máis información os interesados e interesadas deberán dirixirse ós Servizos Sociais do Concello.
A responsable da área, Marina Cabaleiro, considera moi necesarias estas iniciativas que melloran o benestar das persoas con este tipo de problemas e insiste en que non só van dirixidas a persoas da terceira idade”