Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Deportas quere dar a noraboa ao veciño de Salceda de Caselas Marcos Gómez Dacosta, por facerse co título de Subcampión de España de Tiro con Arco.
Marcos Gómez Dacosta , nacido o 31/05/1999 e veciño de Salceda de Caselas, xa posúe tamén o título de campión galego de RRCC obtido no campionato galego que se celebrou o pasado mes de Agosto en Arteixo (A Coruña).
Este venres 12 de outubro, participou no campionato de España que se celebrou en Aranda del Duero (Burgos) e conseguiu o título de Subcampión por segunda vez nesta especialidade.
Marina Cabaleiro “Marcos pasa a formar parte do importante grupo de grandes deportistas que xa temos en Salceda, con tan só 13 ten un grande futuro por diante neste eido, de seguro que será o próximo campión de España”