O roupeiro municipal de Salceda de Caselas abre as súas portas na praza do concello

 

O vindeiro sábado 17 de oubro o roupeiro municipal vai a abrir as súas portas facendo uso da praza do Concello, as persoas que o visiten poderán donar un alimento e poderán formar parte de usuarios do roupeiro municipal a través da adquisición da roupa e tamén de libros que estarán á disposición de todas as persoas que así o desexen.

O obxetivo é dar a coñecer o roupeiro municipal por parte da cidadanía para que as persoas que así o necesiten fagan uso do mesmo, é moi importante que as persoas que teñan menos recursos non carezan dos bens básicos e necesarios, sobretodo, tendo en conta se teñen fillos e sendo o inicio do periodo escolar, é unha etapa complicada, na que as familias teñen que facer fronte a un custe importante.

O roupeiro estará aberto dende as 11:00 da mañá ata as 18:30 onde estará disposto un punto de recollida de alimentos, para que todas aquelas persoas que así o desexen poidan depositar os alimentos non perecedeiros. En caso de choiva o roupeiro estará situado no lugar de sempre.

As concelleiras de área Tere Pérez, de benestar social e Carla Pérez de voluntariado queren incidir na importancia de poder ofrecer unha serie de bens as 125 familias que así o necesitan, e que ademáis serve como punto para cooperar co programa de alimentos, do que se benefician familias salcedenses.

Agradecer especialmente o traballo que veñen desenvolvendo os voluntarios e voluntarias do Concello de Salceda de Caselas, sen os que moitos dos proxectos que se levan a cabo non sería posible e que cada mércores de 16:00-18:00 e xoves de 9:30 a 11:30 están a traballar no roupeiro municipal, para colocar a roupa e atender a todas aquelas persoas que asisten a este servizo.