O equipo de goberno completou as súas visitas ás parroquias

Esta semana completáronse na parroquia de Budiño, as visitas do equipo de goberno ás parroquias de Salceda dentro do conxunto de xuntanzas a celebrar baixo o lema “o concello escoita”.

As xuntanzas celebradas contaron na sua totalidade con boa asistencia da veciñanza que se animou a participar a través das súas preguntas, queixas e suxestións fomentando un debate positivo sobre as perspectivas de actuacións que o goberno local ten para cada unha das parroquias que se visitaron.

O balance realizado polo equipo de goberno do conxunto das visitas foi positivo tanto pola afluencia da veciñanza ás xuntanzas como polo alto nivel de participación das persoas asistentes, o cal supuxo unha fonte de información moi valiosa para a detección das necesidades  de cada un das parroquias e para o análise da súa situación actual. Ademáis os encontros nas parroquias foron unha magnífica oportunidade para resolver as dúbidas plantexadas pola cidadanía respecto das diferentes accións levadas a cabo polo equipo de goberno.

Gabinete de prensa, 20 de maio de 2022