Esta semana completáronse na parroquia de Budiño, as visitas do equipo de goberno ás parroquias de Salceda dentro do conxunto de xuntanzas a celebrar baixo o lema “o concello escoita”.
As xuntanzas celebradas contaron na sua totalidade con boa asistencia da veciñanza que se animou a participar a través das súas preguntas, queixas e suxestións fomentando un debate positivo sobre as perspectivas de actuacións que o goberno local ten para cada unha das parroquias que se visitaron.
O balance realizado polo equipo de goberno do conxunto das visitas foi positivo tanto pola afluencia da veciñanza ás xuntanzas como polo alto nivel de participación das persoas asistentes, o cal supuxo unha fonte de información moi valiosa para a detección das necesidades de cada un das parroquias e para o análise da súa situación actual. Ademáis os encontros nas parroquias foron unha magnífica oportunidade para resolver as dúbidas plantexadas pola cidadanía respecto das diferentes accións levadas a cabo polo equipo de goberno.
Gabinete de prensa, 20 de maio de 2022