O Consorcio de Augas do Louro ven de comezar os traballos de mellora na rede de abastecemento do núcleo de Salceda para aumentar en 2 Kg/cm2 a presión de suministro nas partes altas da vila.
Con este obxectivo abastecerase directamente dende o novo depósito de Bouzavedra e instalaranse reductoras de presión nas rúas Victoriano Pérez Vidal e Rosalía de Castro, evitando roturas nas partes más baixas do núcleo urbán.
Tamén se instalarán ventosas para a eliminación de aire nas tuberías, evitando así episodios como o acontecido o pasado mes de Maio onde a auga non chegou ás vivendas situadas nas partes altas.
O Consorcio informará mediante notas de aviso ós edificios afectados por este aumento de presión, para que adapten as súas instalacións ás novas condicións de abastecemento se fose preciso.
A Concellería de Abastecemento de Auga que dirixe Loli Castiñeira, destaca a importancia desta obra, unha vella demanda dos veciños e veciñas de Salceda, sobre todo das vivendas sutiadas na parte maís alta da Rúa Victoriano Pérez Vidal, que por fin van recibir un servizo de calidade.