O Consorcio de Augas do Louro conxela as taxas no 2015 e bonifica a domiciliación de recibos

O Consorcio de Augas do Louro, ven de aprobar recentemente as ordenanzas fiscais das taxas pola prestación dos servizos de abastecemento, sumidoiros e depuración vixentes a partires do 1 de xaneiro de 2.015. No caso do abastecemento, deixarase de aplicar a taxa de inspección para a instalación de novos contadores por parte do Consorcio e aplicarase unha bonificación dun 5% para os recibos de calquera dos servizos que sexan abonados mediante domiciliación bancaria.

Por outra banda, o resto das tarifas mantéñense conxeladas durante 2.015.

O Consorcio ven de acordar tamén a aprobación dos recibos correspondentes ao terceiro bimestre (maio-xuño) de 2.014 para os servizos de abastecemento de auga, sumidoiros e depuración de augas residuais.

Deste xeito, o período de pagamento voluntario dos recibos deste bimestre finaliza o vindeiro 15 de decembro. Ao longo destes días os recibos están a chegar aos domicilios dos usuarios  polo que, no caso de que por calquera motivo non chegaran, o Consorcio informa que tamén se pode solicitar un duplicado dos mesmos ate o mesmo 15 de decembro, ben achegándose a calquera das oficinas de atención ao usuario situadas nos concellos de Mos,  O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, ou ben chamando ao número de teléfono gratuíto para atención ao usuario 900810103, a calquera hora do día e os sete días da semana.

Os recibos poden abonarse en calquera das oficinas de Abanca ou La Caixa destes concellos en horario normal de caixa ou ben mediante domiciliación bancaria.