O Concello de Salceda tramita os cambios de domicilio no Rexistro de vehículos e conductores

O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos David Besada asinou onte coa Xefa Provincial de Tráfico Mª Isabel Alonso a adhesión ao convenio coa Xefatura Central de Tráfico  polo que o Concello de Salceda de Caselas pon a disposición dos veciños e veciñas un novo servicio dende o día de hoxe que permitirá realizar no propio Concello os trámites de cambio de domicilio no rexistro de conductores e cambios de domicilio no rexistro de vehículos.

Dende a Concellaría de Tráfico e Réxime Interior que dirixe José Luis González infórmase que ambos os dous trámites serán gratuitos para os veciños e veciñas, evítándolle ter que desprazarse ás oficinas de Tráfico en Vigo.

Unha vez o cidadán o solicite no Concello, serán as administracións as que xestionen a documentación e procedan a comunicarlle os cambios solicitados ó interesado.

Coa adhesión a este convenio tamén se consegue un intercambio mutuo de información entre o Concello e a Xefatura de Tráfico.

Na reunión mantida coa Directora Xeral de Tráfico tamén  se marcaron pautas de traballo e colaboración entre a Policía Local de Salceda e os distintos corpos de seguridade do Estado.

Marcos Besada afirma que se trata de axilizar trámites administrativos ó cidadán e de prestar unha administración local de proximidade ó veciño á vez que se lles aforra un coste económico e de tempo evitando o desprazamento á Xefatura de Tráfico.

 

 

 

 

Salceda de Caselas a 13 de marzo de 2015

 

 

Gabinete de prensa do Concello de Salceda de Caselas.