O Concello de Salceda de Caselas súmase a iniciativa “Kilómetros de investigación”, unha ruta solidaria de apoio á investigación do Síndrome de Rett, que sairá do concello o vindeiro luns 25 de outubro e chegará de novo a Salceda o sábado 30 de outubro.
Esta iniciativa parte de 9 veciños de Salceda de Caselas afincados todos eles, por diversos motivos e coincidencias no barrio da Feira, e que se puxeron en contacto co Hospital Sant Joan de Déu en Barcelona, para que os autorizase a levar a cabo a iniciativa, e así recadar fondos para investigación do Síndrome de Rett.
O síndrome de Rett é un trastorno xenético neurolóxico e do desenrolo pouco frecuente, que afecta a forma en que se desenvolve o cerebro, e que causa pérdida progresiva de habilidades motoras e da fala, afectando principalmente a nenas. Estos nove amigos e veciños de Salceda queren percorrer preto de 1500 quilómetros entre Galicia, Castela-León, Cantabria e Asturias, saíndo de Salceda de Caselas o luns día 25 de outubro, visitando os concellos de A Rúa, La Bañeza, Aguilar de Campoo, Santillana del Mar, Pola de Siero, Ribadeo, Ortigueira, Betanzos, Rianxo e Lalín, e chegando de novo a Salceda o sábado día 30 de outubro. Serán máis de 25 horas de rodaxe esperando que cada quilómetro percorrido axude a difundir e a recadar o máximo posible para esta nobre causa.
No hospital Sant Joan de Déu Barcelona, co que colaboran, lévase a cabo a investigación de moitas enfermidades raras ou pouco comúns, entre elas está a línea de investigación do Síndrome de Rett, para a cal se destinará toda a recadación desta aventura de “Kilómetros de investigación”.
A presentación celebrouse hoxe xoves diante da casa do Concelllo, onde os organizadores estiveron acompañados polo equipo de goberno e pola veciñanza que quixo acercarse a dar todo o seu apoio a esta causa.
Gabinete de prensa, 21 de outubro de 2021
- O concello
- Emprego e formación
- Turismo
- Concellarías
- Información municipal
- Directorio
- De interese
- Perfil do contratante
- Formularios e impresos