O Concello de Salceda recibirá 2.393,09 € polo pago do céntimo sanitario que a Unión Europea declarou ilegal (2.071,13 € máis 321,96 €). A cifra que devolverá Facenda corresponde aos anos 2010, 2011 e 2012, xa que o resto de anos (dende 2002) non son esixibles, están prescritos. No caso de Salceda estamos a falar dos gastos feitos tanto para combustibles da flota de vehículos do Concello como os gasóleos empregados para calefacción. A reclamación fora interposta en xullo do 2014, unha vez que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea considerase este imposto como non conforme coa normativa comunitaria.
O céntimo sanitario foi un imposto indirecto estatal creado en xaneiro de 2002 que se cedeu ás Comunidades Autónomas e cuia recaudación afectaba aos gastos de sanidade e actuacións medioambientais (tipos autonómicos).
Este tipo compónse da suma de dous, á súa vez: o tipo “estatal” e o tipo “autonómico”. O estatal equivale, tanto para gasóleo como para gasolina, a 24 € por cada 1.000 litros; mentras, o tipo autonómico está determinado polas distintas comunidades, sendo de 12 € por cada 1.000 litros no caso de Galicia.
A Comisión Europea entende que o Imposto sobre as Ventas Minoristas de Determinados Hidrocarburos (IVMDH) non é compatible co Dereito Comunitario porque:
– Non persegue unha finalidade diferente da presupuestaria. O seu obxetivo é consolidar a autonomía da Comunidade Autónoma dotándolles de medios para xerar ingresos fiscais.
– O seu ingreso destínase a financiar conceptos xenéricos como sanidade ou protección do medio ambiente.
– A finalidade que pretende cubrir pódese alcanzar cos Impostos Especiais Armonizados.
Jose Luis González, Concelleiro de Facenda: “Estamos satisfeitos por ter acadado esta devolución. Non podemos esquecer que estamos a falar dun imposto que nos estaban a cobrar ilegalmente dende o 2002, e que só nos van devolver dende o ano 2010, e o que é máis grave, que a maioría da cidadanía nen sequera vai ter a posibilidade de reclamar”.
Gabinete de prensa, 25 de marzo de 2015