O Concello de Salceda recibe un novo vehículo policial

 

O concello de Salceda de Caselas conta ven de recibir un novo vehículo da Policía Local a través da concesión dunha subvención do cen por cen do custo do vehículo, dentro  do programa operativo de fondos europeos Feder-Galicia eixe 3 de protección de riscos para dotar de equipamentos de emerxencia os corpos da policía local dos concellos que conten con corpo propio de seguridade, como é o caso do concello de Salceda de Caselas.

José Luis Gonzalez, concelleiro tráfico e seguridade, afirma que: O novo vehículo policial trátase dun Citroën C4 Cactus, e ven equipado con todos os mecanismos de seguridade que a normativa actual esixe, asi como os medios necesarios para desenrolar unha mellor laboura policial de vixiancia e control.

Coa incorporación do novo coche patrulla, o máis antigo dos actuáis coches da policía local reutilizarase para a área de vías e obras acometendo as adaptacións oportunas para tal fin.

Ademais, o Concello está pendente da entrega dunha motocicleta dentro da mesma subvención e que según asegura o concelleiro de tráfico e seguridade José Luis González permitirá dar un novo servizo ós veciños do municipio xa que incrementará as posibilidades de acceso da policía local a sitios maís inaccesibles do concello dun xeito máis rápido e axil, así como para prestar servizo a múltiples actos culturais, deportivos, medioambientais ou de outra índole que se veñen desenrolando ó longo do ano tanto polo concello,. Tamén servirá de apoio ás múltiples actividades que organizan as distintas asociacións do concello de Salceda de Caselas.

 

José Luis González, concelleiro de tráfico: “Optando a estes fondos europeos renovamos o parque móvil da policía local a un custe cero e repercutimos na mellora do servizo dos veciños e veciñas de Salceda.”

Marcos Besada, alcalde de Salceda: “Ampliamos os servizos  ós cidadáns, dotando de máis e  mellores medios ó corpo da policía local como reforzo ós multiples servizos que presta”.