O Concello de Salceda de Caselas ven de poñer en funcionamento a súa nova páxina web. Con ela preténdese dar unha información directa, inmediata e, sobre todo, facilmente localizable para todos e todas os que a precisen. Un novo deseño máis atractivo, e máis funcional ven a ofrecer a actualidade do municipio dun xeito claro e conciso.
A páxina vai supoñer ademáis un importante aforro para as arcas municipais, xa que o mantemento diario da mesma estará feito dende o mesmo Concello, aforrándose os case 500 € mensuais que se viñan pagando ata o de agora polo servizo.
Dende o equipo de goberno remítese á veciñanza a acudir a este medio para atopar a información que precisen sobre os diferentes servizos ofertados polo Concello, así como para a consulta de bandos, ordenanzas, regulamentos, documentación diversa… O enderezo segue a ser o mesmo que ata o de agora: www.salcedadecaselas.es
Teresa Pérez, Concelleira de Novas Teconoloxías: “a páxina web resulta un instrumento fundamental hoxe en día, e con este novo formato buscamos a comodidade para os que recurran a esta ferramenta, para que o acceso á información buscada sexa o máis fácil posible”.