O concello de Salceda de Caselas, a través da súa Concellería de Emprego e Formación, ven de solicitar á Xunta de Galicia o obradoiro dual de emprego “Reformas e Melloras de Centros Formativos e Cívicos 2023” a través da convocatoria correspondente a este ano 2023.
Este obradoiro dual de emprego solicítase como programa mixto de formación e emprego que promovido polo concello de Salceda esta orientado a mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade. No mesmo alternarase a mellora da cualificación das persoas participantes e a adquisición de experiencia laboral para as mesmas mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.
Dentro deste obradoiro se levarán a cabo as seguintes accións formativas e certificados de profesionalidade, todas integrados dentro das especialidades de albanelería e carpintería de madeira deseñadas para que se formen dez alumnos e alumnas traballadores e traballadoras en cada unha delas:
- OPERACIONES AUXILIARES DE REVESTIMIENTOS CONTINUOS EN CONSTRUCIÓN (EOCB0109), (certificado de profesionalidade completo), 360 horas
- FÁBRICAS DE ALBANELARÍA (EOCB0108), (certificado de profesionalidade completo), 410 horas.
- OPERACIONS AUXILIARES DE ALBANELARÍA DE FÁBRICAS E CUBERTAS (EOCB0208), (certificado de profesionalidade completo), 320 horas.
- REVESTIMENTOS CON PASTAS E MORTEIROS EN CONSTRUCIÓN (EOCB0210), (MF1938_2).
- TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE (MAMD0209), (certificado de profesionalidade completo).
- MECANIZADO DE MADEIRA E DERIVADOS (MAMR0308), (certificado de profesionalidade completo).
- APLICACIÓN DE BARNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTERIA E MOBLE (MAMD0109), (certificado de profesionalidade completo).
- INSTALACIÓN DE ELEMENTOS DE CARPINTERÍA (MAMS0108), (MF 0886_2).
Estas accións formativas suman un total de 830 horas teóricas que se complementarán coas 790 horas de prácticas coas que contará o alumnado para poder así compaxinar traballo e formación para adquirir experiencia.
A formación práctica do obradoiro realizaría importantes labores de mellora e rehabilitación nas seguintes instalacións de titularidade municipal:
- Antiga casa-escola da Vendanova
- Oficina do Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón
- Aula 2 da parroquia de Budiño
- Auditorio do edificio do Centro Cívico da Devesa
A subvención solicitada á Xunta de Galicia para a realización do obradoiro “Reformas e Melloras de Centros Formativos e Cívicos 2023” ascende a 531.046,20€ que cubrirían o orzamento estimado para o seu desenvolvemento e cobertura de gastos de contratación de persoal de xestión, persoal docente e de apoio, contratación e pago do alumnado traballador participante e os gastos de funcionamento e xestión. O concello de Salceda aportará ao financiamento do obradoiro unha partida orzamentaria de 5.000,00€
Verónica Tourón alcaldesa e responsable da Concellería de Formación e Emprego “A solicitude dun novo obradoiro dual de emprego para este ano 2023, supón para o concello de Salceda continuar coa posta en marcha de estratexias activas para a inserción laboral das persoas desempregadas, que ademais aportan o seu traballo e aprendizaxe para a rehabilitación e mellora de varias instalacións municipais ”.
Gabinete de prensa, 09 de xuño de 2023