O concello de Salceda de Caselas pon en marcha a 2º Concurso de Pinchos e Tapas:

O concello de Salceda  celebrará a 2ª edición do Concurso de Tapas e Pinchos que terá lugar entre os días 14 e 23 de outubro. Os establecementos hostaleiros que queiran inscribirse terán que facelo a través dun formulario que poden atopar tanto na páxina web do concello como nas súas redes sociais.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 16 de agosto. Dentro do concurso estableceranse dúas categorías de participación a de pincho e a de tapa. O concurso estará aberto a todos os  establecementos do municipio con horario libre de participación

 

Gabinete de prensa, 09 de agosto de 2022.