Ampliación do prazo de presentacion de solicitudes para a contratación de 24 desempregados

Sin títuloAMPLIACION DE PRAZO

BASES SELECCIÓN 24 TRABALLADORES DESEMPREGADOS

 

O Concello de Salceda de Caselas contratará a un total de vintecatro veciños e veciñas, en situación de desemprego, para que desenvolvan tarefas de mantemento e mellora de infraestruturas e, ao mesmo tempo, melloren a súa empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional.

En concreto, ao abeiro do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais 2015, da Deputación Provincial, o Concello de Salceda contratará a seis peóns de limpeza viaria e instalacións, 5 peóns de albanel, 6 peóns de xardinería e limpeza forestal, un/unha pintor/a, un/unha soldador/a de estruturas metálicas lixeiras, un/unha carpinteiro/a, un/unha electricista, un/unha fontaneiro/a, un/unha animador/a sociocultural e un/unha conserxe alguacil.

Os veciños e veciñas contratados, ocuparanse de labores de acondicionamento, limpeza, mellora das zonas medioambientais, conservación e mantemento de infraestruturas e prestación de servizos básicos para a comunidade.

A concelleira de Formación e Emprego, Loli Castiñeira, sinalaba a importancia desta iniciativa que permite, dixo, “que veciños e veciñas poidan adquirir experiencia laboral e cobrar un salario contribuíndo á mellora das infraestruturas municipais”.

Lamentou a Concelleira, non obstante, que se trate dun plan “tan limitado no tempo, xa que ten unha duración de dous meses” e expresou a súa esperanza de que, para o vindeiro ano, “se desenvolvan iniciativas deste tipo de máis longa duración que serán, sen dúbida, máis beneficiosas tanto para os desempregados e desempregadas como para os Concellos que os contraten”.

Loli Castiñeira salientou, finalmente, o feito de que as contratacións se farán baixo o “criterio de transparencia e igualdade de oportunidades”. Precisamente para que iso non quede só en palabras, o Concello de Salceda, explicou a responsable de Formación e Emprego, “ten na súa páxina web un cadro no que figuran estas ofertas cos seus correspondentes códigos, para que todos os veciños e veciñas, sen ningún tipo de distinción poidan acceder a estes postos”.