O Concello de Salceda agradece a boa marcha da Festa dos Callos

Teresa Pérez, Concelleira de Cultura e Festexos de Salceda, valorou moi positivamente o desenrolo da XXII Festa dos Callos que se celebrou esta fin de semana no municipio. Durante os tres días de actos programados milleiros de persoas pasaron por Salceda para participar dos mesmos, pero tamén para coñecer o municipio.

O domingo, día grande da Festa dos Callos, a Concelleira destaca a ausencia de imprevistos nen incidentes, agradecendo a enorme laboura levada a cabo polo voluntariado participante na festa así como polos empregados municipais que tamén traballan o día do evento, así como os días previos e posteriores na preparación da festa. Así mesmo destaca a enorme profesionalidade amosada ano tras ano polo Grupo Coren encargado da elaboración do producto.

Así mesmo, a Concelleira quixo agradecer a presenza dos representantes do tecido asociativo do municipio, que asistiron ao convite feito dende o Concello para degustar os callos. “As asociacións colaboran co Concello durante todo o ano, polo que nos parece o mínimo que podemos facer é convidalos a compartir con nós os días de festa”.

Tere Pérez, Concelleira de Cultura: “Agradecemos o exquisito comportamento dos asistentes á Festa dos Callos, que fixo que todo transcorrese con total normalidade. Así mesmo, pedímoslles desculpas polos posibles erros que puidesen acontecer. Estamos ante unha das festas gastronómicas referentes de todo o País, e isto só é posible coa colaboración de todos e todas”.

 

Gabinete de prensa do Concello de Salceda

8 de setembro de 2014