O Club Ciclista Aragonta organizou a súa xa tradicional marcha BTT Raíña Aragona

O domingo 14 de outubro o Clube Ciclista Aragonta organizou a “V marcha BTT Raíña Aragonta”. A saída tivo lugar no parque Raíña Aragonta e comenzou precorrendo o centro da vila.

Arredor de 400 participantes.

A continuación a marcha dirixiuse a zona do parque dos Agoeiros.

Os dous primeiros avituallamentos tiveron lugar nas inmediacións da Fraga do Rei e en San Cibrán.

Despois de 35 km. chegaron o punto de partida donde todos os participantes puideron degustar unha tapa de callos.

O traxecto desenvolveuse sen incidencias importantes.

Á devolución do dorsal entregóuselle a todos os participantes unha foto persoal de cada un cruzando o río Caselas.

Agradecementos.

Ademáis da colaboración do Concello, a directiva e compoñentes do Clube Ciclista Aragonta queren agrader a todos os patrocinadores, Comisión de festas da Virxen da Concepción, Policía Local, GRUMIR, motos, quads e demáis persoal de apoio que colaborou para que esta proba tivese tanto éxito.

Dende a Concellería de Deportes, Marina Cabaleiro quere darlle a noraboa o Clube pola organización desta actividade, “é moi importante para Salceda que se fagan este tipo de eventos deportivos e por suposto, dende o Concello seguiremos colaborando para que se poidan levar a cabo”.