O Centro de Educación Inafantil Manus ven de facer unha aportación para o Programa de Alimentos de Salceda, resultado dunha iniciativa solidaria levada a cabo no propio centro educativo que consistiu na recollida de xoguetes e alimentos infantiles, especialmente adicados ao desaiuno dos máis cativos. As familias dos nenos e nenas que asisten a Manus fixeron as aportacións de xoguetes e alimentos, ás que se lle uniron tamén familias de cativos que foron alumnos/as do centro en anos anteriores e que xa asisten aos colexios da vila. Os nenos e nenas que asisten normalmente a Manus foron os encargados de facer a entrega dos xoguetes e alimentos recadados a duas voluntarias da Bolsa de Voluntariado de Salceda.
Ao longo do ano son diversos os colectivos, institucións, empresas e persoas individuais as que fan aportacións de diversa índole para este Programa, que se xestiona a través do voluntariado de Salceda por medio dos Servizos Sociais Municipais.
O Programa de Alimentos de Salceda atende actualmente a unhas 50 familias do Concello, que reciben alimentos en función do número de membros da unidade familiar, con especial atención aos máis cativos. O Programa súrtese fundamentalmente dos excedentes da Unión Europea distribuídos a través da Cruz Vermella, aínda que é básica tamén a aportación de alimentos feita de actos benéficos, festivais, certames… organizados tanto polo Concello como por diferentes asociacións e entidades do municipio. Na época do Nadal realízase tamén reparto de xoguetes ás familias que teñen nenos e nenas, co obxectivo de que nestas datas tan especiais non se quede sen agasallo ningún cativo.
Teresa Pérez, Concelleira de Benestar Social e Ensino: “Os colectivos de Salceda, neste caso os centros escolares seguen a demostrar a súa solidaridade e a súa disposición a realizar este tipo de eventos altruistas. Dende o Concello agradecemos enormemente estes xestos, e dende logo non queremos deixar pasar a ocasión de trasladarlle a Manus neste caso os nosos parabéns por esta iniciativa que levan a cabo ano tras ano”.