O campionato galego de dardos dispútase en Salceda

O Pavillón polideportivo de Salceda de Caselas vai a acoller o Campionato galego de dardos os días 1 e 2 de agosto, dando comezo o sábado as 11:30 co inicio dos competidores da categoría masculina xogadores da liga e feminino aberto. A partir das 16:00 serán os clubes clasificados da liga terán como escenario o pavillón para continuar ás 20:00 coa liga por parellas.

 

No domingo 2 de agosto ás 12h terá lugar a final individual e por parellas, para dar paso pola tarde á entrega de premios segundo as diferentes categorías. Os premios contemplan unha beca para o primeiro clasificado por equipos para participar no campeonato estatal que terá lugar en León os días 17, 18 e 19 de setembro, trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino xunto cunha beca de inscrición  do 50, 30 e 20% de individual e en parellas masculino, ademáis de que todos os equipos participantes van a ter un trofeo.

 

É a primeira vez que un campeonato destas características aterriza na vila de Salceda de Caselas, onde un gran atractivo vai a desencadenar un fin de semana cheo de actividades e festexos que coinciden neste fin de semana, convidando a todas as persoas a disfrutar das diversas ofertas que se teñen preparadas, coincidindo coas Festas da Concepción.

 

Os organizadores do evento Michael Carrera Ubiña e Raúl Carrera Rodríguez, están a traballar para este gran evento que conta con máis de 100 inscritos, “levamos moito tempo organizando este tipo de eventos que sempre teñen unha gran acollida, queremos agradecer a todos os colaboradores a súa implicación grazas aos cais este evento é posible, e convidar a todas as persoas que así o desexen a que visiten o Pavillón polideportivo nesta fin de semana.

 

 

e dardos campionato de dardos cartel