O bus do viño Rías Baixas achega os enoturistas a Salceda

Con saídas dende Vigo, Pontevedra e Santiago, o bus achegará os visitantes a Pazo de Lusco, Bodegas La Val e Señorío de Rubiós, ademáis de visitar Salceda de Caselas.

O Bus do Viño da Ruta do Viño Rías Baixas ten este sábado a súa segunda xornada cunha visita a subzona do Condado do Tea, que acaba de celebrar a Festa do Viño e a elección dos Deliciosos do Ano. O percorrido nesta ocasión permitirá que os enoturistas poidan achegarse a coñecer as instalacións de tres Adegas: Pazo de Lusco, La Val e Señorío de Rubiós, con tempo libre para coñecer a oferta gastronómica de Salceda de Caselas, municipio recentemente adherido á Ruta, coincidindo coa fin de semana de celebración da XXII Festa dos Callos.

O servizo do Bus do Viño, que continuará ata o vindeiro mes de outubro, ten por obxetivo achegar as adegas e viñedos ós visitantes, percorrendo diferentes subzonas e adegas en cada xornada, que se celebrará sempre os sábados. O prezo desta actividade é de 12 euros por persona, importe que non inclúe a comida.

As saídas do bus faranse dende Vigo, Pontevedra e Santiago. As prazas son limitadas e quen desexe participar debe reservala chamando á Ruta do Viño Rías Baixas (986 091 088) ou escribindo ó enderezo electrónico info@rutadelvinoriasbaixas.com.