Novos vehículos para a Policía Local de Salceda

O concello de Salceda de Caselas contará en breve cun novo vehículo policial e unha nova motocicleta tipo trail  tras ser publicada hoxe no BOP a concesión dunha subvención do cen por cen do custo de ambos vehículos. Acóllese así ó programa operativo de fondos europeos Feder-Galicia eixe 3 de protección de riscos para dotar de equipamentos de emerxencia os corpos da policía local dos Concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con corpo propio de seguridade.

Coa incorporación do novo coche patrulla, o máis antigo dos actuais coches da policía local reutilizarase para a área de vías e obras acometendo adaptaciós para tal fin.

A inclusión da nova motocicleta de tipo trail permitirá dar un novo servizo ós veciños e veciñas do municipio xa que incrementará as posibilidades de acceso da Policía Local a zonas mais inaccesibles do Concello dun xeito máis rápido e áxil, así como para prestar servizo a múltiples actos culturais, deportivos, medioambientais ou de outra índole que se veñen desenrrolando ó longo do ano tanto polo Concello. Tamén servirá de apoio ás multiples actividades que organizan as distintas asociacións do Concello de Salceda de Caselas.

José Luis González, concelleiro de tráfico: “Optando a estes fondos europeos renovamos o parque móvil da policía local a un custe cero e aproveitando o vehículo máis antigo para reforzar outras áreas.”

Marcos Besada, alcalde de Salceda: “Ampliamos os servizos  ós cidadáns, dotando de máis e  mellores medios ó corpo da Policía Local como reforzo ós multiples servizos que presta”.

 

 

Salceda de Caselas a 12 de maio de 2015.

 

Gabinete de prensa do concello de Salceda de Caselas.