Novos investimentos para Salceda

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda ven de informar na Comisión de Contas e Facenda previa ao pleno extraordinario do vindeiro venres, dun novo Plan de Investimentos Municipal que se levará a cabo con fondos propios nos vindeiros meses. As obras suporán un total de 229.941,63 € e levaranse a cabo mediante unha modificación orzamentaria en distintas áreas municipais. Tendo en conta os datos da última liquidación do orzamento municipal no que se acadou superávit, o Concello está en condicións de levar a cabo esta modificación.

A partida máis importante vai ser a destinada a mellora de rede viaria e saneamento, para o que se reserva un total de 107.004,60 €. Contempla actuacións en diversas estradas do municipio así como a construcción de saneamento no barrio de Condide (San Xurxo).

Tamén as sendas fluviais reciben unha importante financiación por esta vía, adicándolles un total de 56.639,29 €. Así, prepárase un novo tramo de senda no Río Caselas na parroquia de Entenza que dará continuidade á xa existente. Por outra banda recollénse diversas melloras nas últimas sendas construídas tanto no Río Landres como no Caselas.

O casco urbano do municipio ten reservados 9.560,02 €, destinados a melloras en iluminación pública e nas zonas humanizadas.

No eido do lecer e o deporte prevese un investimento de 31.588,02 €, destinado a melloras no Pavillón de Deportes e na zona deportiva do Altamira, así como ao peche perimetral so Campo de Fútbol do Borralliño, na parroquia de Soutelo.

Contémplase tamén a recuperación da antiga depuradora para local de ensaio das diferentes agrupacións do municipio, para o cal se destinarán 14.614 €.

Completan as inversión a primeira das achegas para a compra do edificio da Antiga Cámara Agraria segundo o acordó do Concello coa Xunta de Galicia (5.800 €) e a cuberta do patio exterior da Escola Infantil A Galiña Azul (7.735 €)

Jose Luis González, Concelleiro de Facenda: “O cumprimento dos criterios de estabilidade orzamentaria e os datos positivos do último informe de execución trimestral do concello, xunto coa excasa débeda financieira do Concello permítennos levar a cabo este tipo de investimentos fundamentais para Salceda con fondos propios municipais”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Estamos a aprobar obras prioritarias e moi demandadas polos veciños e veciñas de Salceda, para cubrir necesidades en distintos campos”.

 

Gabinete de prensa, 3 de febreiro de 2015