O Concello de Salceda, dende o 29 de novembro, conta cun novo Servizo de Información, Orientación Laboral e Busca de Emprego, en colaboración coa Consellaría de Traballo.
Este servizo lévase a cabo nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón. A orientadora laboral realizará actuacións dirixidas a proporcionar ás persoas que o demanden, información, orientación e asesoramento, para facilitarlles o seu desenrolo profesional e a súa inserción no mercado laboral.
Este servizo completa o que xa se ofrece polo Técnico Local de Emprego, pretendendo así ser lugar de referencia para desempregados, emprendedores, empresarios e traballadores, que demandan uns servizos públicos gratuitos de apoio e acompañamento.
Entre os servizos que ofrece na actualidade o CDL de O Torrón, encóntranse:
– Asesoramento personalizado en técnicas de búsqueda de emprego.
– Información sobre itinerarios personalizados de inserción laboral.
– Información sobre formación, axudas, subvencións…
– Bolsa de emprego municipal: recepción e difusión de ofertas de traballo, recepción de currículos.
– Apoio a creación de empresas.
– Catálogo de formación a través do Plan de Formación Municipal, Aula Mentor e Aula CeMIT.
Ademáis, neste intre tamén acolle as accións formativas do Plan Integral de Emprego “Xuntos polo Emprego” e a preparación de competencias clave de Galego e Castelán.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e concelleira de emprego e formación “considero unha prioridade seguir insistindo en poder ofrecer cada vez máis servizos nesta área, son completamente necesarios pola evolución do mercado de traballo e o incremento do desemprego para acadar unha completa adaptación ó mundo laboral”.