Xerais

Manus e o CRA Raíña Aragonta colaboran co Programa de Alimentos

O Centro de Educación Infantil Manus e o CRA Raíña Aragonta veñen de facer unha aportación para o Programa de Alimentos e de xoguetes de Salceda, resultado de sendas iniciativas solidarias levadas a cabo nos propios centros educativos que consistiron na recollida de xoguetes e alimentos.

Campaña de fomento do comercio local

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA), xunto coa Federación de Comercio do Sur de Galicia (FESURGA), veñen de poñer en marcha a campaña “Mercando na vila ti tamén gañas”, co cobxectivo de incentivar as compras no comercio local durante a Campaña de Nadal.

Plan de mellora de parques infantiles

O Concello de Salceda de Caselas, a través das Concellarías de Parques e Xardíns e Vías e Obras, está a acometer obras de mellora en diferentes parques infantiles existentes ao longo do municipio.

Salceda únese á campaña de control e vixilancia do transporte escolar

O Concello de Salceda de Caselas participa esta semana na campaña da DXT para control e vixilancia do transporte escolar. Os axentes da Policía Local serán os encargados de facer as inspeccións pertinentes nos autobuses que transportan o alumnado tanto ao CEP Altamira como ao IES Pedras Rubias.