Xerais

A Senda do Caselas, lista para o goce da veciñanza

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Salceda de Caselas, que coordina Miguel González, vén de dar por rematados os traballos de recuperación da Senda do Caselas entre a Ponte de Rubal, na Picoña e As Regadas, en Santa María, traballos que sufriron un lixeiro atraso debido ás intensas choivas destes días pasados.

Salceda aposta polo Servizo de Axuda no Fogar

O servizo de Axuda no Fogar conleva actuacións levadas a cabo no contorno das persoas relacionadas coa atención de carácter persoal, que permitan á persoa usuaria a realización das actividades básicas da vida diaria, así como atencións de carácter doméstico e do fogar coa finalidade de incrementar a súa autonomía persoal e calidade de vida.

Salceda pon en marcha o 1º Plan de Formación de 2018

A Concellería de Formación e Emprego de Salceda de Caselas, que xestiona Loli Castiñeira, ven de poñer en marcha o Plan de Formación do primeiro semestre de 2018 que terá, no seu primeiro semestre, un dos seus eixos principais nas actividades formativas relacionadas co mundo da automoción.

Salceda de Caselas prepara o Entroido máis importante da Comarca

Durante a semana do 22 ao 26 de xaneiro serán as agrupacións pertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e na semana do 29 de xaneiro ao 02 de febreiro será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.