Xerais

500 variedades de camelia esta fin de semana en Salceda

A Casa da Cultura Castelao serviu de escenario esta mañá para a presentación da XI Mostra-exposición da Camelia, que se celebrará en Salceda de Caselas esta fin de semana con participación de 75 persoas chegadas de toda a xeografía galega, Portugal e Asturias.

O Entroido de Salceda volve aos anos 70 coa Orquestra Sur

A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación de Entroido, coa presenza de Tere Pérez e Marcos Besada por parte do Concello, acompañados de Lucía González e Sergio Rodríguez polo barrio de Castro Barreiro e Martín Acuña e Abel Pérez polo barrio da Feira.

Aberto o prazo para participar no desfile de carrozas e comparsas

Durante esta semana serán as agrupacións pertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e na semana do 18 ao 24 será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.