Xerais

O entroido de Salceda contra as agresións sexuais

O Concello de Salceda, xunto coas asociacións de A Feira e Castro Barreiro, veñen de presentar a campaña “Entroideiro ou besta”, coa que queren poñer o foco de atención nas agresións sexuais e os ataques a mulleres, conscientes de que o anonimato agochado detrás dunha máscara pode carrexar situacións de risco para as mulleres.

Bolsa de emprego de funcionarios/as interinos/as auxiliares administrativos/as

O obxecto desta convocatoria é a constitución dunha Bolsa de Traballo de “Auxiliar Administrativo/a”. Devandito proceso implica a constitución dunha lista de empregados/as, cuxo fin é a de realización de contratacións temporais por razóns de vacantes, ausencias ou enfermidades, ou outras circunstancias temporais en réxime funcionarial.

Salceda formará a 15 persoas desempregadas en servizos de bar e cafetería

O Concello de Salceda ven de abrir o prazo de presentación de ofertas para a contratación da acción formativa denominada “Certificado de profesionalidade HOT327_2 Servizos de bar e cafetería”, enmarcado dentro do Programa Integrado de Emprego do Concello de Salceda de Caselas, e que permanecerá aberto ata o 18 de febreiro.