Xerais

Salceda concederá axudas de 500 euros ao comercio e hostalería

A cantidade para atender estas subvencións ascende a 26.714,95 euros da achega da Deputación

Na sesión plenaria celebrada este xoves aprobáronse as axudas directas ás persoas autónomas e pequenas empresas. Tómase esta iniciativa para axudar a paliar a situación que atravesan debido a crise sanitaria.

Obras de reforma na Praza de Abastos

Están a realizarse obras de reforma da Praza de abastos para instalación de cuartos de aseo accesibles, espazo de uso común e reposición da cuberta. O proxecto conta con un […]

Salceda aproba por unanimidade a rebaixa do IBI ao 0,40

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do imposto de bens inmobles (IBI) marcando o tipo nun 0,40%, no lugar do 0,50% existente ata o de agora. A proposta da alcaldía presentouse para tratar de compensar dalgún xeito o impacto que poida ter na economía da veciñanza a revisión que catastro está a levar a cabo nos Concellos de Salceda de Caselas, Bueu, O Porriño e Mos.