Xerais

Pleno Ordinario

Neste enlace podes seguir a retransmisión do Pleno Ordinario que se celebra o xoves 27 de xuño de 2024 ás 20:30

Autorización fogueiras de San Xoán

O prazo para solicitar autorización para facer fogueiras na noite de San Xoán remata o vindeiro 16 de xuño. Poderá solicitarse de xeito presencial na Casa do Concello ou a través da sede electrónica, anexando a declaración responsable.

200 km de sendas e viais limpados no I Plan Anual de desbroces de Salceda

O concello de Salceda de Caselas vén de rematar a primeira fase do seu Plan Anual de Desbroces que botou a andar no mes de febreiro. O equipo de goberno dá resposta deste xeito ao seu compromiso electoral que trata de acometer unha actuación planificada e ordenada das tarefas de mantemento dos principais viais e camiños de propiedade municipal.