O Concello de Salceda de Caselas realiza a análise de 31 fontes
A Concellaría de Medioambiente dixida por Cándido Lorenzo realiza a análise de 31 das fontes do Concello co obxectivo de coñecer o estado de calidade da auga para as mesmas. O criterio de selección foi determinado principalmente polo uso que os veciños e veciñas fan das mesmas, recollendo a mostraxe das máis utilizadas.