Xerais

Empeza o Verán Cultural en Salceda

A Concellaría de Cultura e Festas do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Tere Pérez, vai poñer en marcha un ano máis a programación de verán que desembocará nas Festas do Cristo, e que a Concelleira presentou esta mañá acompañada da Concelleira de Turismo, Loli Castiñeira.

Inaugúrase o Parque Etnográfico Fonte-Muíños do Regueiro

O Concello de Salceda de Caselas, en colaboración coa Comunidade de Montes de Budiño e a Xunta de Galicia a través dos fondos AGADER, ven de poñer en marcha o Parque Etnográfico Fonte-Muíños do Regueiro, na parroquia de Santo Estevo de Budiño, cuio acto de inauguración se celebrou hoxe sábado na mesma área recreativa.

Novas pistas multideporte na área deportiva de Altamira

Marina Cabaleiro, tenente alcalde, suliña que dende a concellería de deportes apostamos por facer posible o deporte para todos e todas, poñendo a disposición dos veciños e veciñas instalacións axeitadas a diversidade de modalidades que practican os salcedenses. Cubrimos as demandas dos clubes de baloncesto, balonmán, tenis, bádminton ou fútbol sala. Sen esquecernos do CEP Altamira no horario de recreo escolar, que poderán utilizalas os pequenos para fomentar o deporte dende os primeiros anos.