Xerais

Salceda solicita a mellora da estrada EP-2505

O Pleno do Concello de Salceda ven de aprobar por unanimidade a solicitude á Deputación de Pontevedra para que proceda á mellora da mobilidade na estrada EP-2505, xa que o seu estado actual fai dela unha estrada moi perigosa tanto para os vehículos como para peóns.

Ofertas de emprego: 5 de novembro

Bolsa de emprego empresa Monbus.
Operario/a de maquinaria agrícola para O Rosal.
375 postos de traballo en cruceiros.
Boletín Pontemprego.
Certificación galega de competencias dixitais.
Boletín CEG.

Novo horario do Roupeiro Municipal. Disporá ademais de un sistema de cita previa

O novo horario é os mércores de 16:00 a 18:00 horas e os xoves de 9:30 a 11.30 horas, nas instalacións do baixo do concello, en fronte a Policía Local. Ademais, para todos aqueles e aquelas que non poidan acudir neste horario ábrese tamén a posibilidade de concertar cita previa a través da Concellería de Benestar Social ou Servizos Sociais para atención personalizada noutros horarios.