Salceda acomete melloras nas rúas do casco urbano
O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Vías e Obras que dirixe Miguel González, está a acometer obras de mellora en diversos viais do casco urbano. Estas melloras ascenden a un total de 31.650,60 €, financiados íntegramente pola Deputación de Pontevedra dentro do programa PPOS 2015.