Vías e obras

A Senda do Caselas, lista para o goce da veciñanza

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Salceda de Caselas, que coordina Miguel González, vén de dar por rematados os traballos de recuperación da Senda do Caselas entre a Ponte de Rubal, na Picoña e As Regadas, en Santa María, traballos que sufriron un lixeiro atraso debido ás intensas choivas destes días pasados.

Humanización e reorganización do casco urbano de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas ven de iniciar as obras para unha nova humanización no seu casco urbano. Trátase, neste caso, da humanización do primeiro tramo da rúa Rafael Tilve Adrio ata o seu entronque coas rúas Compostela e Coruña.