Vías e obras

Rematadas as obras de accesibilidade á Igrexa e Cemiterio de Soutelo

O proxecto, valorado en 7.638,52 foi posible grazas á financiación da Deputación Provincial de Pontevedra, en base ás subvencións dirixidas aos Concellos da provincia de Pontevedra para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural, que o Concello de Salceda solicitou para levar a cabo esta obra, en colaboración coa Comunidade de Montes da parroquia de Soutelo.

Salceda contará coa sua primeira pista de petanca

A solicitude desa pista de pentanca fora trasladada ao Concello pola Asociación de Veciños de San Xurxo, e paralelamente por un colectivo de persoas afeccionadas a practicar este deporte, moi coñecido en Francia e Cataluña pero que nos últimos tempos está a ter cada vez máis presenza nesta zona.

Salceda aposta pola mellora da rede viaria nas súas parroquias

Nesta ocasión o Concello decide facer unha forte aposta pola mellora da rede viaria do rural, para o cal reserva un total de 339.265,35 €, que se destinarán a mellorar as estradas nas diferentes parroquias, priorizando aqueles casos que os veciños e veciñas e as diferentes asociacións foron solicitando.

Salceda cataloga os seus espazos públicos

O Concello de Salceda de Caselas está a realizar os traballos de limpeza dos espazos ou “resalidos” municipais, dentro dos traballos de creación do inventario de bens municipais. O obxectivo fundamental desta limpeza é a delimitación exacta dos espazos e o levantamento topográfico en coordenadas UTM dos mesmos.

Salceda crea máis de 50 novas prazas de aparcamento gratuíto

Os novos espazos, que suman un total de 2.270 metros cadrados e supoñen a creación de máis de 50 novas prazas de aparcamento gratuíto en pleno casco urbano, estarán dispoñibles para ser usados xa nestes días de Entroido, en que afluencia a Salceda de Caselas se prevé multitudinaria.