Turismo

Salceda énchese de camelias

Os visitantes poderán contemplar milleiros de camelias ao longo dos 120 metros preparados para a exposición. A mostra celébrase no Auditorio Municipal de Salceda e no edificio da Casa do Concello, e inclúe unha ampla programación complementaria durante as xornadas do sábado e do domingo.

VIII Mostra-Exposición da Camelia

Salceda acolle esta fin de semana unha nova edición da Mostra-Exposición da Camelia, con máis de 65 expositores de toda Galiza e norte de Portugal. A mostra era presentada esta mañá na Casa da Cultura Castelao.

Salceda vístese de Entroido

Esta mañá ven de celebrarse a presentación do Entroido no Concello de Salceda de Caselas, coa presenza das Concelleiras de Cultura e Turismo, Tere Pérez e Loli Castiñeira, e representantes dos barrios de Castro Barreiro e A Feira.

Experiencia transfronteiriza no Río Miño

Cada día das xornadas ambientais agrupa unha área de Concellos contíguos de ámbolos dous lados da marxe do Río Miño, existindo un Concello designado como “Base de operacións” onde dan comezo e rematan as actividades programadas.