Facenda

O Concello de Salceda facilita os pagos dos recibos de Catastro

As débedas de ata 600 € poderán fraccionarse ata nun máximo de 6 meses, as débedas de 601 a 2.400 € ata 10 meses, as débedas de 2.400 a 6.000 € nun máximo de 15 meses, e a partires de 6.000 € as débedas poderán dividirse ata en 18 meses.

O Concello de Salceda recupera 2.393,09 € do Céntimo Sanitario

No caso de Salceda estamos a falar dos gastos feitos tanto para combustibles da flota de vehículos do Concello como os gasóleos empregados para calefacción. A reclamación fora interposta en xullo do 2014, unha vez que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea considerase este imposto como non conforme coa normativa comunitaria.