O Ministerio de Hacienda envía 15.500 notificacións de Catastro á veciñanza de Salceda
A oficina habilitada con catro persoas leva atendido xa máis de 600 notificacións nestas dúas semanas, que fundamentalmente responden a erros de titularidade e/ou medicións. A próxima semana a oficina funcionará tamén polas tardes, para poder deste xeito atender a un maior número de persoas.