Facenda

FORMULARIO BONIFICACIÓN IBI

No seguinte enlace poderá descargar o formulario para solicitar a bonificación do IBI polas condición urbanísticas da parcela. Neste primeiro ano de aplicación poderá solicitarse a bonificación ata o 1 […]

Salceda aproba por unanimidade a rebaixa do IBI ao 0,40

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do imposto de bens inmobles (IBI) marcando o tipo nun 0,40%, no lugar do 0,50% existente ata o de agora. A proposta da alcaldía presentouse para tratar de compensar dalgún xeito o impacto que poida ter na economía da veciñanza a revisión que catastro está a levar a cabo nos Concellos de Salceda de Caselas, Bueu, O Porriño e Mos.