Ensino

Cóidate e coida aos que máis queres

Baixo o nome “Cóidate e coida ós que máis queres”, o Concello de Salceda continúa co programa de información dos Sistemas de Retención Infantil (SRI), tras a entrada en vigor da nova normativa o pasado 1 de outubro. Para levar a cabo esta iniciativa cóntase coa colaboración da Policía Local.

Os nenos e nenas do CEP Altamira coñecen o CDL do Torrón

Case un centenar de nenos e nenas de 1º curso do CEP Altamira realizaron unha visita ao edificio do CDL do Torrón, para coñecer tanto as instalación como as actividades que nelas se ofrecen. Os cativos e os seus mestres foron recibidos pola Concelleira de Formación e Emprego, Loli Castiñeira.

25 Entidades de Salceda reciben 92.051,40 € do Concello

25 entidades veñen de recibir nas súas contas as axudas para gastos de funcionamento do ano 2015. Ditas axudas van destinadas a colaborar na sufragación dos gastos que as entidades tiveron ao longo do ano, e que no mes de decembro tiveron que xustificar ante o Concello.