Iniciadas as obras de mellora da Aula Unitaria de Fontán
O Concello de Salceda de Caselas deu comezo, esta semana, aos traballos de mellora da Aula Unitaria de Fontán, pertencente ao CRA Raíña Aragonta. As obras, incluídas no Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, contan cun investimento de 26.545,64 €.