Ensino

A ampliación do CEP Altamira xa ten permiso do Concello

A Xunta de Goberno Local do Concello de Salceda de Caselas deu esta mañá luz verde ao proxecto de ampliación do CEP Altamira presentado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia por un valor de 545.042 €.

Manus e o CRA Raíña Aragonta colaboran co Programa de Alimentos

O Centro de Educación Infantil Manus e o CRA Raíña Aragonta veñen de facer unha aportación para o Programa de Alimentos e de xoguetes de Salceda, resultado de sendas iniciativas solidarias levadas a cabo nos propios centros educativos que consistiron na recollida de xoguetes e alimentos.

Salceda únese á campaña de control e vixilancia do transporte escolar

O Concello de Salceda de Caselas participa esta semana na campaña da DXT para control e vixilancia do transporte escolar. Os axentes da Policía Local serán os encargados de facer as inspeccións pertinentes nos autobuses que transportan o alumnado tanto ao CEP Altamira como ao IES Pedras Rubias.

Salceda traballa a loita contra a Violencia de Xénero nos colexios

A vindeira semana darán comezo no CEP Altamira as actividades organizadas pola Concellarías de Igualdade e Ensino de Salceda de Caselas, dirixidas a concienciar e informar aos máis cativos sobre a importancia da igualdade e a loita contra a violencia de xénero.