Emprego e formación

Salceda contrata a trece persoas en situación de desemprego

As prazas que se van cubrir, son as de 1 animador sociocultural, 1 orientadora profesional para a inserción, 2 albaneis, 4 persoas de limpeza, 2 desbrozadores, 1 condutor de camión, 1 administrativa e 1 técnica de administración local.

Salceda contratará a trece persoas este 2017

O Concello de Salceda contratará, ao longo deste ano 2017, un total de 13 veciñas e veciños en situación de desemprego ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, garantindo a total transparencia e igualdade de oportunidades en todo o proceso.