Emprego e formación

Impulso e dinamización do CDL O Torrón

Primeiro Concello destas características con viveiro propio.

A concellería de emprego e formación do Concello de Salceda de Caselas, ó fronte da que está a Primeira Tenente Alcalde, Marina Cabaleiro, está a traballar na dinamización do CDL de O Torrón, no que terán cabida tódalas actividades relacionadas co emprego e a formación; e cuxo principal obxectivo é a creación de un viveiro de empresas e a continuación dun Plan de Formación que xa deu comenzo a principios deste ano 2012.

A próxima posta en marcha do viveiro de empresas municipal por parte da Concellería de Emprego obedece á necesidade de dar unha maior facilidade para crear empresas e novos autónomos, facilitándolles un espazo físico onde comenzar a sua andaina profesional e empresarial.