O Concello reúnese coa Xunta en busca de cofinanciamento para o Penedo Redondo
O pasado 7 de Marzo, a alcaldesa Loli Castiñeira e o concelleiro de deportes Marcos Troncoso, mantiveron unha xuntanza co Secretario Xeral para o Deporte en Galicia, José Ramón Lete Lasa. Por parte do Concello presentouse o proxecto de substitución do céspede do Campo de Fútbol do Penedo Redondo.