O Concello de Salceda reabre o seu mercado dos mércores
Nesta primeira fase volven os postos do sector agroalimentario, 15 no caso de Salceda de Caselas, o que supón algo menos do 25% dos postos totais do mercado. O sector téxtil terá que agardar polo de agora a que as novas normas permitan o seu retorno con tódalas garantías sanitarias.