Benestar Social e Igualdade

Fotos 2º Festival Solidario de Nadal

Algunhas fotos dos participantes que colaboraron de forma altruista, grazas aos cales se conseguiron 450 Kg. de tapóns. Moitas grazas ao Bosque Animado pola iniciativa e tamén a todos os que colaboraron neste festival. Unha vez máis, Salceda Solidaria.

Teatro Solidario en Salceda

O teatro da Escola Infantil Xoaniña sube de novo o escenario coa obra “Aghárrame esas Piratas” que representarán o sábado 15 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal.

II Nadal Solidario de Salceda

A concellería de Benestar Social do Concello de Salceda volveu a poñer en marcha este nadal a segunda campaña de I Nadal Solidario”. Trátase dunha iniciativa para a recollida de libros e xoguetes co fin de que ningunha nena nin neno quede sen un agasallo neste Nadal, a pesares da actual crise que empeorou a situación económica dalgunhas familias.